Juana de Vega, Luis Huici e Víctor López Seoane, figuras escollidas polo Concello para a homenaxe do Día de Todos os Santos
Coincidindo co 220 aniversario do nacemento de Juana de Vega e co 125 aniversario do falecemento de López Seoane, o acto lembrará tamén a Luis Huici, xornalista coruñés fusilado no 1936 A cerimonia celebrarase este sábado, 1 de novembro, ás 12.00 horas, no cemiterio municipal de San Amaro e rematará cunha ofrenda floral no monumento …







