Inés Rey: “Recorremos xa a decisión do xuíz no caso Fuenlabrada e seguiremos defendendo os intereses da cidade”
A alcaldesa anunciou hoxe que os servizos xurídicos xa presentaron un recurso para seguir na causa aberta contra o club madrileño: “Esgotaremos todas as vías até o final” A alcaldesa, Inés Rey, confirmou esta mañá que o Concello recorreu a decisión do xuíz do Xulgado Número 6 da Coruña que exclúe do caso Fuenlabrada ao …








