A Compañía Nacional de Teatro Clásico inicia na Coruña a xira do seu novo espectáculo ‘Lo fingido verdadero’, que acolle esta fin de semana o Teatro Rosalía de Castro
De venres a sábado, o recinto municipal acollerá dúas funcións da obra inspirada “nun texto marabilloso e non moi coñecido de Lope de Vega” O concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, valorou o compromiso do Goberno de Inés Rey co sector cultural, que disporá de 3,1 millóns máis en fondos …










