O Concello organiza un novo percorrido guiado e musicalizado polos xardíns de Méndez Núñez para contribuír á difusión do seu valor histórico
A ruta, posta en marcha pola Concellaría de Medio Ambiente e Sustentabilidade, comezará este sábado 23, co gallo do Día do Libro, e co guía Suso Martínez e o músico Félix Arias á fronte A concelleira Esther Fontán: “O Goberno de Inés Rey segue a traballar na posta en valor de enclaves históricos da Coruña, …








