Aberto ao tráfico o tramo final da avenida de Oza, con renovadas beirarrúas e zonas verdes e con 44 novas prazas de aparcamento
Os traballos, que se centraron na contorna de Casablanca, permitiron a ampliación dos espazos peonís. Ademais, acometéronse melloras na parada de autobús do número 290, facéndoa máis accesible O Concello rematou os traballos de reurbanización no tramo final da avenida de Oza, que conecta coa avenida da Pasaxe no barrio dos Castros, prolongando o tramo de …






