O ciclo Bebescena volve ao Ágora, con espectáculos teatrais e musicais para as crianzas con seis sesións programadas ata inicios de xuño
O calendario de actuacións ábrese este domingo 29 de xaneiro, coa peza ‘Sotobosque’, da compañía Inspira Teatre. As entradas para asistir á función xa están á venda O centro sociocultural Ágora acolle, desde esta fin de semana, o inicio da programación do ciclo Bebescena para cubrir esta tempada de primavera, que abrangue un total de …