A Sagrada Familia celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente cun mercado veciñal de economía circular e actividades educativas para todas as idades
O barrio acolleu tamén un encontro do Grupo Local do proxecto europeo URBACT COPE, que promove a participación da veciñanza no desenvolvemento das políticas ambientais locais A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou este sábado pola mañá nas actividades organizadas polo Concello no barrio da Sagrada Familia con motivo do Día do Medio Ambiente. …







