Alternativa desbloquea case 300 vivendas en Carral
Un total de 294 vivendas serán completadas en Carral próximamente, tras seren adxudicadas pola Sareb (Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, o chamado “banco malo”) a distintas empresas promotoras que na actualidade afean o casco urbano de Carral. Estas vivendas foran paralizadas e abandonadas polas propias construtoras durante a crise inmobiliaria …