Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Paderne, Oza-Cesuras e Sada logran 346.000 euros da Xunta para promover un novo taller de emprego
Nesta ocasión, poñerase en marcha “Reserva de Biosfera: emprego forestal”. A elección desta temática non é casualidade. Nos últimos anos, detectouse un déficit de persoal cualificado na xestión de montes. A xeración de emprego vinculado á Reserva de Biosfera acaba de obter o respaldo económico da Xunta. Os Concellos de Abegondo –como coordinador-, Bergondo, Betanzos, …