Concello e Asociación Antidroga Vieiro renovan o convenio de colaboración para a prevención das drogodependencias
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a presidenta da Asociación Antidroga Vieiro, Fina Rey, asinaron hoxe un novo convenio de colaboración para a prevención das drogodependencias. No acto tamén estiveron presentes a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures; a secretaria de Vieiro, Pilar Mata, e a responsable do servizo de atención …









