Carballo aposta por unha mobilidade máis segura, activa, accesible e pensada para todas as persoas cunha ampla programación para a Semana Europea da Mobilidade
As numerosas entidades e os servizos municipais que colaboran nas actividades presentaron hoxe o programa que se desenvolverá do 13 ao 22 deste mes O Concello de Carballo súmase un ano máis á Semana Europea da Mobilidade, que nesta edición se celebrará do 13 ao 22 de setembro co lema Mobilidade para todas as persoas. …








