A rapazada carballesa botou a lingua a pacer nos obradoiros do proxecto Enreguéifate
261 alumnos e alumnas de catro centros educativos participaron ao longo das dúas últimas semanas en talleres de regueifa O proxecto Enreguéifate proponnos este ano que botemos a lingua a pacer, e iso foi, precisamente, o que fixeron os 261 alumnos e alumnas dos CEIP A Cristina e Fogar e dos IES Isidro Parga Pondal …










