A candidata á alcaldía polo Partido Popular, Diana Piñeiro, reclama ao goberno municipal de Cambre que solucione as deficiencias existentes no local social de San Lorenzo, na parroquia de Meixigo
Despois de moitos anos de espera e queixas, os veciños de Meixigo puideron comprobar en 2018 como comezou a construción do ansiado local social que tanto necesitaba a parroquia, cinco anos despois e tras investir 55.764 euros, a ilusión converteuse en decepción. Na actualidade teñen un local deteriorado, con plaquetas soltas e algunhas paredes astilladas, …







