O Concello de Brión organiza unha ruta de sendeirismo entre Cabana de Bergantiños e Laxe este sábado 9 de xullo
O Concello de Brión organiza este sábado 9 de xullo a que será a súa quinta ruta de sendeirismo da temporada, que terá como destino a Ruta de Cabana de Bergantiños a Laxe. Unha andaina de 22 quilómetros polo fermoso estuario do Anllóns e de dificultade baixa, polo que está recomendada para todas as idades …