Máis de medio cento de brioneses e brionesas participaron esta fin de semana nunha sesión de ioga gratuíta e ao aire libre
Máis de medio cento de brioneses e brionesas participaron nunha clase gratuíta de ioga celebrada no parque municipal de Brión na tarde deste sábado pasado. A actividade comezou a iso das 20:00 horas e rematou cunha actividade especial de relaxación con cuncos ás 22:00 horas. A sesión estaba aberta á participación de toda a veciñanza …



