Celtia Figueiras e Luís Vallecillo celebrarán mañá martes en Brión “O aniversario da Biblioteca”, unha actividade de animación á lectura para nenos e nenas de máis de 3 anos
A sala municipal de exposicións de Brión acollerá mañá martes 23 de outubro, ás 18:00 horas, o espectáculo “O aniversario da biblioteca”, unha actividade de animación á lectura con música, teatro e danza dirixido a nenos e nenas de tres anos en adiante. Unha iniciativa protagonizada por Celtia Figueiras e Luís Vallecillo e que …



