Freixanes anima á veciñanza de Brión a participar no proxecto “Toponimízate” para “que a xente sexa consciente do tesouro que é a súa lingua e o seu territorio”
Vicente Feijoo, experto en toponimia da Real Academia Galega, salienta que “en Brión hai nomes moi antigos, moitos da época romana e prerromana” A aula CeMIT do Concello de Brión quedou pequena para acoller a presentación no municipio do proxecto “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra”, unha iniciativa que está a coordinar a …






