Nova unanimidade no Pleno de Brión para solicitar a declaración da Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia
O Pleno Municipal de Brión aprobou este mediodía por unanimidade solicitarlle á Xunta de Galicia a declaración da Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia. Un acordo que é idéntico ao aprobado, tamén por unanimidade, na sesión de abril de 2024 coa única novidade dos cambios realizados na memoria explicativa para …










