Rematan as “Xornadas de Verán”, que levaron a máis de 120 maiores de Brión de excursión a Mondoñedo e Ribadavia neste mes de xullo
Máis de sesenta veciños e veciñas de Brión, de 60 ou máis anos, participaron onte mércores na derradeira excursión das “Xornadas de Verán”, organizadas polo Concello de Brión. Unha saída que os levou ata Mondoñedo, Burela e Ribadeo, e na que estiveron acompañados polo alcalde, Pablo Lago, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero. …










