Arredor de 200 persoas participaron no Descenso do Ulla en Piraguas
Arredor de 200 amantes do deporte acuático participaron o pasado sábado nunha nova edición do Descenso do Ulla en Piraguas. Esta iniciativa, desenvolvida de xeito conxunto polos municipios do Val do Ulla –Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces- contou coa presenza dos seus respectivos alcaldes, Manuel Fernández Munín, Carlos Martínez Carrillo e José Otero, respectivamente. …










