O Concello de Boqueixón inicia un programa de visitas guiadas de balde aos puntos de interese turístico do municipio: “Descubre Boqueixón”
As visitas adaptaranse aos intereses das persoas solicitantes en canto ao día, horario e percorrido. O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha “Descubre Boqueixón”, un programa de visitas guiadas de balde a distintos puntos de interese turístico do municipio. “Con esta iniciativa queremos achegar á xente o noso patrimonio natural, histórico e cultural …








