O alcalde de Boqueixón amosa a súa satisfacción polo desenvolvemento do ciclo “Un mes e Pico”
O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o prestixioso historiador e arqueólogo Martín Almagro-Gorbea, foron os encargados de clausurar o ciclo “Un mes e Pico”, que durante os meses de agosto e setembro organizou tres conferencias, dúas exposicións itinerantes, cinco visitas teatralizadas, un roteiro literario e unha ruta arqueolóxica co Pico Sacro como protagonista. …









