As mulleres participantes no programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón visitan o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla
As mulleres participantes no programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón realizaron unha saída ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra). Unha visita na que estiveron acompañadas pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Seijo, e pola educadora familiar e coordinadora do programa, María Pereira. A expedición estivo guiada por José Piso, coñecedor …










