O Concello de Boqueixón homenaxea a Carme Mareque Picón no seu cen aniversario
Carmen Mareque Picón, veciña de Deseiro de Arriba, parroquia de Sergude, celebrou este domingo 27 de agosto o seu cen aniversario cunha gran festa na que estivo rodeada de familiares e onde non faltaron a música e moitas sorpresas. Así, a persoa máis lonxeva de Boqueixón compartiu cos convidados a súa torta de fresas e …