A V Primavera no Camiño Inglés encherá este domingo Sigüeiro de obradoiros, degustacións, música, showcookings e unha mostra dos 18 municipios polos que pasa esta ruta xacobea
A Asociación de Concellos do Camiño Inglés mantén practicamente a mesma programación prevista inicialmente A alameda de Góis en Sigüeiro (Oroso) acollerá este domingo 12 de xuño a quinta edición de Primavera no Camiño Inglés, que foi adiada por razóns de seguridade o pasado sábado 4 de xuño debido a unha tormenta con aparato eléctrico. …









