Máis de 250 nenos e nenas de Lousame participarán no Día do Peón, que terá lugar este xoves no campo da festa de San Roquiño
O campo da festa de San Roquiño (Lousame) acollerá este xoves 9 de novembro, ás 11:00 horas, o acto central do XVII Día do Peón, que organiza Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional en colaboración co Concello de Lousame e o CPI Cernadas de Castro. Baixo a lenda “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, …