Plantación árbores en Miño
O pasado sabado realizouse unha plantación de árbores en Gallamonde, co fin de repoboar a zona con especies autóctonas. En total prantáronse unhas 140 árbores de cinco especies diferentes, grazas á axuda de 55 voluntarios da organización WWF. Entre os exemplares había faias, nogueiras, castiñeiros, carballos e bidueiros.