A I Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia visibilizará o traballo das investigadoras carballesas para crear referentes femininos
Currunchos científicos, experimentos, xogos, teatro, literatura, robótica e moito máis nunha xornada á medida da rapazada Ademais do tradicional concurso de disfraces de Entroido e da aínda máis tradicional feira dominical, o 11 de febreiro celebraremos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. E, como establece a resolución aprobada pola Asemblea Xeral …