Xuntanza do xurado do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor” 2017
Os debuxantes Xose Lois González Vázquez,“O Carrabouxo”, Alberto Cardona Valcárcel (gañador do primeiro premio na categoría Curuxa 2016) e Cristian Fojón Caruncho (gañador do primeiro premio na categoría Curuxa Nova 2016) forman parte do xurado dos Premios Curuxa 2017 que se reunirá o vindeiro martes, 20 de xuño, ás 11.00 horas no Museo do Humor …