O Concello aproba a convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas en Vite e na cidade histórica
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á convocatoria de subvencións por máis de 750.000 euros para a rehabilitación de edificios e vivendas no barrio de Vite e na cidade histórica ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Nesta mesma sesión adxudicáronse as obras de repavimentación da praza da Nosa Señora da Mercé …