O Concello reclama á Xunta un paso cuberto para conectar os edificios do Colexio Luis Seoane
Ante as demandas de numerosas familias do colexio Luis Seoane, o Concello dirixiuse á Xunta de Galicia para solicitar que realice as obras de construción dun paso cuberto entre os edificios de infantil e primaria. Os días de precipitacións o alumnado ten que desprazarse entre ambos edificios sen ningún tipo de protección contra a auga. …










