San Sadurniño mellorará a eficiencia enerxética das instalacións deportivas dos Currás
O Concello investirá 110.000 euros nun sistema de auga quente sanitaria baseado en biomasa e en completar o cambio a led da iluminación do campo de fútbol O Concello de San Sadurniño acometerá en breve a mellora da eficiencia enerxética dos vestiarios e do campo de fútbol municipal, situado na área deportiva dos Currás. …