Gabriel Tizón achega este sábado a San Sadurniño tres miradas únicas sobre as persoas refuxiadas
A fotografía de prensa adoita ser unha actividade na que a cámara é ferramenta de traballo e, as máis das veces, tamén unha barreira que protexe a quen está detrás dela da realidade dura e crúa que se retrata. A maioría de profesionais do xornalismo gráfico aseguran iso, que mirar a través da óptica, focalizando …