A fadista María do Ceo dará un concerto o sábado 11 de xuño na Casa da Cultura de Lousame para presentar o seu novo disco “De Portugal a Galicia”
María do Ceo, cantante de fado e compositora portuguesa afincada en Galicia, presentará o seu novo disco, “De Portugal a Galicia”, este sábado 11 de xuño, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. A entrada é libre e de balde, ata completar aforo. A admisión realizarase por estricta orde de chegada. …