O BNG acusa ao novo goberno de Ribeira de abrir a porta a vellas prácticas metendo políticos na Mesa de Contratación
Luís Pérez Barral advirte de que a decisión, aínda sendo legal, é pouco ética e erosiona a transparencia dun Concello que fora exemplo de bo goberno. O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira lamenta que PP e PBBI introduzan novamente cargos políticos na Mesa Permanente de Contratación, un órgano clave no funcionamento do Concello por ser …









