Sen solucións para o transporte do alumnado de Bacharelato de San Sadurniño, Moeche e Doso a cinco días do comezo do curso
Representantes dos gobernos de San Sadurniño, Moeche e Narón reuníronse esta mañá na Coruña coa xefa territorial da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, Judit Fontela, para tentar arrancar un compromiso por parte da Xunta de darlle solución ao transporte do alumnado de Bacharelato que acode ao IES Fernando Esquío de Neda, así como a outros …