Arrancan as obras de renovación da totalidade de fiestras e portas da Casa da Cultura de Neda
Comezan por fin as obras de substitución das fiestras da Casa da Cultura, adxudicadas a finais de abril á empresa Anllar Mantenimiento y Construcciones SL. Renovarase a totalidade das carpinterías exteriores do inmoble, coa única excepción das do salón de actos, cambiadas o pasado ano. A intervención contribuirá a mellorar a eficiencia enerxética do edificio. …










