Increméntanse os servizos que lles ofrece A Pobra a persoas en situación de vulnerabilidade con Enraizando
A Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal incrementa os servizos dirixidos á comunidade. En 2021 iniciouse un programa coa cooperativa Enraizando focalizado no acompañamento individual e familiar a persoas en situación de vulnerabilidade que, dende o mes de setembro, amplía o número de horas de atención e persoal grazas ao outorgamento dunha subvención …