A Casa da Cultura de Fene acolle en outubro unha exposición de pintura e fotografía de Narart
Nova mostra colectiva da Asociación Narón Amigos da Arte. A exposición, na que participarán dezaseis artistas (14 pintores/as e dúas fotógrafas) inaugúrase este xoves 2 de outubro, ás 19 horas, na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene, con entrada libre e de balde. O horario de visitas á exposición, que concluirá …










