O alcalde e Veolia explican ao conxunto da corporación as medidas impulsadas para atallar os cortes no subministro de auga derivados da seca
O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, informaba esta mañá polo miúdo aos representantes da oposición das causas e medidas adoptadas para facer fronte aos problemas no subministro de auga potable rexistrados a semana pasada na localidade. Ao encontro, convocado polo goberno local, sumáronse responsables na zona de Veolia, empresa concesionaria do servizo de abastecemento. O …










