O pavillón Campo da Serra acollerá este sábado o XXXI Torneo Cidade de Narón de balonmán.
O pavillón Campo da Serra acollerá este sábado, día 30, a trixésimo primeira edición do Torneo Cidade de Narón de balonmán, en horario de mañá e tarde. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Alejandro Basoa e César de Castro, presidente e vicepresidente do Clube Balonmán Narón que coorganiza o evento …










