San Sadurniño participa en Vigo no congreso “Concellos 2030”, centrado na xestión de residuos, a auga e a mobilidade
O alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, e a concelleira de Axenda 2030, Raquel Piñeiro López, encóntranse hoxe en Vigo participando no Congreso Concellos 2030, que se celebra ata mañá no Museo Verbum. O encontro, que chega á súa terceira edición, reúne representantes municipais e persoal técnico para compartir proxectos e experiencias arredor da …









