A localidade italiana de Acqui Terme exhibirá este verán unha exposición de Dalí pertencente ao Museo do Gravado de Artes
Manuel Ruiz e Javier Expósito, presidente e vicepresidente da Fundación Museo de Artes, mantiveron esta semana unha reunión en Riveira con dous importantes persoeiros procedentes da cidade de Acqui Terme, o arquitecto Adolfo Carozzi e un representante prestixiosísima Biennale Internazionale per l’Incisione (Bienal Internacional do Gravado) que se realiza nesa localidade situada no Piamonte italiano. …



