A escritora, música e astrónoma amadora Estíbaliz Espinosa participa este xoves no ciclo Contando Ciencia
Baixo o suxerente título de Multiverso de telescopías, a escritora e astrónoma amadora Estíbaliz Espinosa falará este xoves, 6 de marzo, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Fene. A conferencia encádrase no ciclo Contando Ciencia que organiza a biblioteca O segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. …










