A Semana Santa chega a Ordes
A Semana Santa xa chegou a Ordes. Cumpriuse coa tradición da bendición de ramos, acto que tivo lugar na mesma alameda. Alí concentrouse numeroso público co seu ramo de loureiro ou olivo na man á espera de ser salpicado pola auga santa. A maioría dos veciños e veciñas xa participara previamente na procesión da ‘borriquiña’. …








