Oleiros acollerá a gala dos premios Youtubeiras+
O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá o vindeiro mes de xaneiro a gala dos premios Youtubeiras+. O certame repartirá 7500 € entre as propostas gañadoras das sete categorías a concurso: Canle, Creación de contidos, Revelación, Calidade lingüística, Rede, Pódcast e Premio do Público. Os dous primeiros apartados contarán cunha dotación económica de 1250 …










