Alumnos do colexio Heroínas de Sálvora visitan o Lustres Rivas e a Biblioteca
Alumnos de Primaria do colexio Heroínas de Sálvora de Aguiño visitaron o Centro Cultural Lustres Rivas e a Biblioteca Municipal, onde puideron ver, respectivamente, a exposición Tubos Animados de Antonio Souto e a mostra de libros dedicada ao astrofísico Stephen Hawkins. A responsable do Servizo Municipal de Normalización Linguística, Alicia Padín, exerceu de guía.







