Papá Noel visita aos alumnos e alumnas da EIM Raíña Lupa de Boqueixón, as Escolas Unitarias e a residencia de maiores
O Concello de Boqueixón viviu hoxe unha xornada de ilusión coa visita de Papá Noel aos alumnos e alumnas da Escola Infantil Municipal Raíña Lupa e das Escolas Unitarias e aos usuarios e usuarias da residencia de maiores de Codeso. Santa Claus encheu de ilusión á cativada coa súa visita, na que aproveitou para agasallalos …







