A comisión de traballo dos concellos das comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña demanda unha reunión urxente con Renfe e Adif ante a gravidade da situación, xa de por si deteriorada, do servizo ferroviario
A alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, e o alcalde Burela, Alfredo LLano, contactaron estes días con representantes da Plataforma en Defensa do tren Ferrol-Ribadeo ante a persistencia da suspensión de servizos ferroviarios nas nosa comarcas. Asi a rexedora de Moeche, en nome dos concellos das tres comarcas de Ortegal, Ferrolterra e A Mariña, afectados …





