Recepción institucional ao subcampión Alberto Fidalgo na Casa do Concello
O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez, recibiron oficialmente na Casa do Concello ao marchador nórdico Alberto Fidalgo, recente subcampión do mundo de marcha nórdica en Finlandia. Un merecido recoñecemento institucional ante estes novos éxitos deste extraordinario deportista, resultado dun esforzo e dedicación persoal sobresaínte. No recente campionato mundial celebrado …










